Ultima mensaxe enviada ás nosas socias e consumidoras.

Moi boas a tod@s, soci@s e non soci@s de Aldea Cooperativa:

Eiquí estamos unha semana máis neste comezo de ano con algunhas novidades!.

O primeiro de todo é que tentamos mellorar un pouco a listaxe da folla de cálculo para que vos sexa máis sinxelo e lexible. Agora atoparedes os produtos por orde alfabética dentro de cada categoría.
Esta semana tivemos un montón de pedidos, moitisimas grazas polo apoio!!!.
Tamén temos cousiñas novas, entre elas o deterxente ecolóxico a granel tanto en po como líquido, superalimentos, un mortero específico para moer sementes e algunhas galdrumadas para que as túas festas non deixen de ser cooperativas e algo máis saudables. Tamén temos nata de soia e arroz para cociñar e cubiños de caldo vexetal.

Para quenes levades pouquiño tempo en Aldea ou aínda non sabedes como facer o voso pedido deixámovos as instruccións e o cadro semanal cos puntos de recollida!.
Moi boa semana a todas!!.

COMO FACER PEDIDO EN ALDEA.COOP

  1. Descarga a derradeira folla de cálculo coa listaxe dos produtos de esa semana (os ocultos ou os que teñen un 0 é que están esgotados).
  2. Na folla de cálculo está indicado o formato (mollo, unidade ou granel, é dicir, peso), a orixe (proveedor, pais ou Aldea Cooperativa), e se foi envasado por Aldea. Tamén está indicado o prezo de venta, desconto e precio de socia.
  3. Indica a cantidade de produto que precisas no recadriño azul, se queres especificar que son pezas indícao na columna de observacións.
  4. Para especificar a cantidade de granel has de indicar 1 = 1 quilo, 0´5 = 500 gr, ou 0´2= 200 gr, por exemplo.
  5. Indica o nome, teléfono da persoa que recollerá o pedido, lugar e día de recollida ou, se o queres o teu domicilio.
  6. Garda e reenviar a aldea.cooperativa@gmail.com

Canto antes fagas o teu pedido máis posibilidades de ter todos os teus produtos, sobre todo os frescos!!.

PUNTOS DE RECOLLIDA

BIOTENDA VALADARES(Carretera Valadares 11)

COVA DOS RATOS

(Rúa Romil, nº3)

SER HACER

(Praza de Santa Rita 3, local1)

A RAIÑA VERDE

(Rúa Zaragoza, frente Povisa)

ASOCIACION NAVIA “NOVO VIGO”

(Teixugueiras 11- o carón CC.OO.)

ENTREGA A DOMICILIO

(custe 4 euros)

MARTES mañana

12:00-13:30

MARTES tarde

19 – 21:30

17:00 – 20:00

17:00 – 19:00

Dende a 13:30

VENRES mañana

12:00-13:30

VENRES

tarde

19-21:30

17:30 – 20:30

17:00 – 20:00

17:00 – 19:00

Dende a 13:30

Pronto subiremos unha listaxe de produtos a este blog, namentres podes solicitala no correo electrónnico info@aldea.com 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s