Asóciate eiquí

Calquera persoa, con ou sen inquedanzas sobre o consumo responsable ou necesidades de consumo, pode ser socia de ALDEA. O noso desexo é que as socias coñezan, compartan i enriquezan os principios e valores do proxecto e que participen de forma activa no consumo a través da cooperativa e nas tarefas e labores de funcionamento interno.

A prioridade é o consumo COOPERATIVO, por riba do CONSUMO ECOLÓXICO. Isto non significa que non se procure obter produto de calidade e respetuoso co planeta, pero interesanos máis que teña un prezo accesible, e que ademáis serva para xuntar as persoas para respetar a cadea de valor e o reparto xusto. Partimos das relacións de confianza, ás que lles damos prioridade, procurando produtoras próximas ós nosos plantexamentos, tanto a nivel interno como nas nosas redes de traballo, sempre dunha maneira incluínte.

Ser socia de ALDEA supón certas a vantaxes como:

  • Aceso a productos de calidade a bo prezo;

  • dereito ao reparto do retorno cooperativo, se é o caso;

  • posibilidade de facer labouras, entroques e incluso emprego de moeda social coa que poder consumir na cooperativa;

  • aceso a un amplo abanico de produtos e servizos, e senón os temos, pódense propor;

  • A aportación ao Fondo Social pertence ao socio, non se perde;

  • non se pagan cotas mensuais;

  • consumo no circuito da economía local e/ou na economía solidaria;

  • voz e voto na cooperativa.

É tamén certas obligacións, como:

  • O aporte do capital social,

  • asistencia ás asembleas,

  • e respetar os valores e intereses da cooperativa.

Se queres ser socia, podes poñerte en contacto con nós a través do correo ou do teléfono dalgunha socia que coñezas, esta socia acompañante darache unha breve explicación é resolverá as posibles dúbidas que teñas con respecto ao funcionamento da cooperativa.

Para ser socia de Aldea Cooperativa só tes que cubrir unha ficha e ingresar 150€ da tua conta á conta bancaria da cooperativa. Este diñeiro é teu, o podes recuperar se tes das de baixa por calquera motivo, e ademáis podes ingresalo en prazos sen intereses durante un ano. Únicamente hay que facer un ingreso inicial de 40€ e logo podes pagar 10€/mes. Dende que fas o primeiro ingreso xa és socia es xa podes desfrutar dos descontos e dos produtos propios, e unha vez feita a solicitude e ingresado o fondo social serás Socia de Pleno Dereito e terás número de socia, poderás facer compras e participar, se o desexas, na cooperativa.

 Gracias ^_^

Advertisements

2 thoughts on “Asóciate eiquí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s