VENRES 29 – PRESENTACIÓN de ALDEA COOPERATIVA no ESPAZO SOCIAL da trasTENDA DE ALDEA COOPERATIVA

O VENRES 29 de abril presentamos Aldea Cooperativa ás 20:30h no ESPAZO SOCIAL da trasTENDA DE ALDEA COOPERATIVA na rúa Torrecedeira 10 (Vigo).

cartaz charla PRESENTACIÓN aldea espazo socialhttps://www.facebook.com/events/269124916760824/

Esperámoste para compartir información sobre o funcionamento e obxectivos de Aldea Cooperativa.

Se non podes asistir á palestra fica atenta porque haberá máis. Tamén podes solicitarnos información a través do noso correo info@aldea.coop ou pasar pola tenda cando queras e falamos en persoa.

Apertas e ata moi moi pronto 😉

Sábado 16 de abril – Obradoiro de Pseudocereais no Espazo Social da trasTenda de Aldea Cooperativa

O SÁBADO 16 temos o noso primeiro OBRADOIRO DE PSEUDOCEREAIS no novo Espazo Social da trasTenda de ALDEA COOPERATIVA. Coñeceremos mellor os usos, propiedades e receitas da QUINOA, MILLO MIUDO e TRIGO SARRACENO.

obradoiro pseudocereais
https://www.facebook.com/events/211018302609149

Se estás interesada inscríbete facéndonos chegar o teu número de teléfono 😉

SÁBADO 9 – Celebración do Día Mundial do Comercio Xusto fronte o Mercado do Calvario (Vigo)

Este ano, o Día Mundial do Comercio Xusto que se celebrará o sábado 9 de maio, centrarase nas inxustizas e violacións dos Dereitos Humanos que se producen no sector do textil. Por eso este ano celebrarase baixo o slogan de “Tira do fío”.

Fai click na imaxe para ir ó evento de difusión en facebook ;)
Fai click na imaxe para ir ó evento de difusión en facebook 😉

Nese Día a Coordinadora Estatal de Comercio Xusto quere facer unha chamada da cidadanía para que coñeza que hai detrás da sua roupa e doutros artígos textís que empregamos de cotío.

Aldea Coop.erativa, xunto con outras entidades, colaborará no evento que se fará na peonal do Calvario (fronte o Mercado) cun posto no que poderas coñecer os nosos produtos e ademáis ofreceremos unha palestra sobre cooperativismo e consumo local, porque o comercio xusto ten moito que ver con local, con ecolóxico e co cooperativo.

Actividades previstas:

– Obradoiros de Maquillaxe, Cacao, Globoflexia, Debuxo e Pintura, Abalorios, …

– Actuacións de Danzas do Mundo, Pandereteiras, Batucada, Capoeira, …

– Desfile de roupa de comercio xusto e complementos fietos a través da reciclaxe.

– Degustación de doces fietos con ingredientes procedentes del comercio xusto e de la agricultura ecolóxica.

– Mesas informativas con información e venda de las entidades participantes.

Participan: Solidariedad Internacional, Oxfam Intermon, Cáritas, Taller De Solidaridad, Emaús, Fiare, Aldea Cooperativa e Proclade.

Exposición sobre Comercio Xusto no Centro Sociocomuntario de Vigo.

Posto informativo e de venta de produtos de Comercio Xusto no colexio “San José de La Guía”.

Aldea Cooperativa únese a campaña de doazóns de FairCoins de Fair Coop, a cooperativa da Terra para unha economía xusta.

Aldea Cooperativa, seguido as indicacións da campaña… https://fair.coop/es/faircoop-dona-100-000-faircoins-2/ …acepta doazóns en ‪#‎Faircoin‬, a criptomoeda social creada e promovida por Fair Coop, a cooperativa do planeta Terra para unha economía xusta.

 
[coinwidget address="fccXzQdyde5JTFEysZvikSV94KPQyztcMT"]
[coinwidget
    address="HERE YOUR FAIRCOIN ADDRESS" currency="faircoin"
    counter="count" alignment="al" qrcode="true" auto_show="true"
    lbl_button="Donate faircoin" lbl_address="My address" lbl_count="Number of donations"
    lbl_amount="FAIR"]

Mentres no somos capaces de implementar o widget/botón para facer as doazóns, eiquí tes o noso enderezo deo FairCoin Wallet: fccXzQdyde5JTFEysZvikSV94KPQyztcMT

Gracias 😉

DOMINGO 12 de abril – ALDEA COOPERATIVA na BRINCADEIRA de BOUZAS

Este domingo temos posto de Aldea Coop.​erativa na BRINCADEIRA: a RECONQUISTA DE BOUZAS. Bouzas, cando era independente de Vigo… TAMÉN BOTOU ÓS FRANCESES FORA!!!!! ^_^

Fai click na imaxe para ir ó evento de difusión en facebook ;)
Fai click na imaxe para ir ó evento de difusión en facebook 😉

Ven a desfrutar de comida FEITO EN ALDEA, xa que todo o que teremos será produto das artes culinaria das nosas socias.

En breve vos comunicaremos en qué parte da feira estaremos exactamente, para que nos atopedes fácilmente 😉

Deica o domingo!!! :*

PRESENTACIÓN DE ALDEA COOPERATIVA EN NAVIA

O XOVES 26 DE MARZO presentamos ALDEA COOPERATIVA na ASOCIACIÓN DE VECIÑAS NOVO VIGO de NAVIA ás 20:00h.

Pica na imaxe para ir ó evento de difusión en facebook a axudarnos a que ningúen deixe de vir porque non se enterou ;)
Pica na imaxe para ir ó evento de difusión en facebook a axudarnos a que ningúen deixe de vir porque non se enterou 😉

Esperámoste para compartir información sobre o funcionamento e obxectivos de Aldea Cooperativa, que xa está a facer moitísimas amigas en Vigo e arredores.

Se non podes asistir á palestra fica atenta porque haberá máis. Tamén podes consultar a nosa páxina en facebook ou solicitarnos información a través do noso correo info@aldea.coop

Apertas e ata moi moi pronto 😉

Dende hai un par de semanas abrimos a moeda social de Aldea Cooperativa ás socias.

Fai un par de semanas que abrimos a moeda social de Aldea Cooperativa ás socias. Esta moeda (a Landra) pretende:

– dinamizar a economía interna da cooperativa,
– facilitar reparto según aportación das consumidoras, prosumidoras e traballadoras e
– a interacción e o traballo en rede con outros colectivos afíns.

A moeda social é unha ferramenta de transformación social. Dende a cooperativa pretendemos transformar a nosa realidade e a da nosa contorna.

O primeiro paso do camiño, non será o último, a revolución cooperativa está en marcha.

‪#RevolucionIntegral‬

Compartimos este pequeno vídeo das compas de Compostela (que instauraron fai un par de anos unha moeda social) onde contan a súa experiencia.