Aldea Ingegral SCG é unha cooperativa de produción e consumo, é dicir, unha empresa de índole social, formada por un grupo de persoas que nos xuntamos para empoderarnos como consumidoras, agricultoras e traballadoras.
A través da fórmula cooperativa acedemos a unha alimentación sana, accesible e xestionada por nós mesmas, cultivando os nosos propios alimentos nas nosas propias hortas e mercando colectivamente outros produtos que precisamos.
Facemos consumo COOPERATIVO: acedemos a TODA clase de produtos que desexamos, non soamente alimentarios, mercados na ECONOMÍA SOLIDARIA, dentro da NOSA cooperativa.
Buenas tardes me gustaría saber donde y si tenéis tienda física gracias
GústameGústame
Hola Paula. Gracias por tu interés. Aquí estamos: https://aldeacooperativa.wordpress.com/a-tenda/
Hasta pronto 😉
GústameGústame